Cidadáns propón unha serie de medidas en favor da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres

Olga Louzao: “Cs quere a igualdade de remuneración en traballos do mesmo valor, a promoción dunha cultura cívica baseada na igualdade real sen discriminación por razón de sexo ou a mellora da supervisión dos plans de Igualdade desenvoltos en empresas”
Publicado por o día 04/03/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Cidadáns propón unha serie de medidas en favor da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres

Cidadáns propón unha serie de medidas en favor da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres e fíxoo esta mañá presentando unha proposta mediante rexistro no Parlamento galego. A encargada deste rexistro foi a portavoz do partido liberal, Olga Louzao quen explicou que precisamente “Na semana do Día Internacional da Muller, Cs propón o aumento e equiparación dos permisos de maternidade e paternidade como unha da medidas clave para combater a brecha salarial e a discriminación que padecen as mulleres no ámbito laboral”.

A formación liberal aposta tamén nesta iniciativa por garantir o dereito das mulleres ao acceso ao emprego, a igualdade de remuneración en traballos do mesmo valor, a promoción dunha cultura cívica baseada na igualdade real sen discriminación por razón de sexo ou a mellora da supervisión dos plans de Igualdade desenvoltos en empresas.

Outras propostas que recolle Cidadáns nesta iniciativa teñen que ver coa promoción do traballo a distancia, a gratuidade do primeiro ciclo de educación infantil de 0 a 3 anos, o acordo sobre un Pacto Nacional para a Racionalización dos Horarios e a Conciliación, o desenvolvemento dos avances logrados co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero ou a elaboración dun Proxecto de Lei contra a Violencia Sexual que mellore a resposta institucional inmediata que reciban estas vítimas.

“Desde Cs queremos con estas propostas loitar contra a desigualdade desde as institucións” explicou a portavoz autonómica.

Comentar noticia

Your email address will not be published.