Cidadáns Santiago mostra o seu apoio á policía local

María Vilas: “continuaremos apoiando as reivindicacións do colectivo de Policías Locais en Santiago porque as consideramos xustas”
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de Ciudadanos,Política

Cidadáns Santiago mostra o seu apoio á policía local

Cidadáns Santiago de Compostela estivo presente nas concentracións de protesta organizadas polo Sindicato Profesional de Policías Municipais de España ( SPPME), ante o Concello compostelán, mostrando así o seu apoio a este colectivo nas súas reivindicacións. “continuaremos apoiando as reivindicacións do colectivo de Policías Locais en Santiago porque consideramos xustas as súas reivindicacións”, sinalou María vilas, portavoz de Cs en Santiago.
 
Este colectivo sente discriminado en relación cos seus homólogos noutras cidades galegas e o que solicitan é equiparar as súas condicións laborais coas dos seus colegas. O sindicato bota en cara ao goberno local non cumprir coas promesas pactadas polo Sr Noriega, entre elas considerar as horas de traballo dos sábados como horas de día festivo ou o aplicar nos seus salarios os índices correctores en xornadas nocturnas e festivas, índices xa recollidos nos seus convenios laborais.
 
“En Cidadáns cremos que non deben existir diferenzas tan grandes entre policías de cidades da mesma comunidade autónoma, ou mesmo da mesma provincia con similares características, considerando, ademais, as especiais circunstancias da cidade de Santiago” sinalou a coordinadora local de Cs quen expresou ademais o seu desexo e confianza en que “o Alcalde cumpra o pactado con eles”.