Cidadáns supera xa os 1000 afiliados en Galicia

Laureano Bermejo: “o noso crecemento é imparable, estamos a valorar presentar listas en case un centenar de concellos galegos”
Por o 04/02/2019 | Sección: Ciudadanos,Política
Cidadáns supera xa os 1000 afiliados en Galicia
Compartir en:

Cidadáns supera xa, en Galicia, a barreira dos 1000 afiliados de cota. Datos de afiliación que o secretario de organización de Cs en Galicia, deu a coñecer esta mañá e que en palabras de Bermejo “dan conta da gran aceptación e implantación que estamos a ter e realizando en Galicia”.  Ou na implantación que vai permitir á formación laranxa estar presente nunha importante cota de concellos para a eleccións de maio, “grazas ao noso crecemento imparable imos poder presentarnos en case un centenar de concellos galegos”, ou o que é o mesmo, explica o secretario de organización, “presentar candidaturas nun terzo dos *concellos que existen na nosa comunidade autónoma”.

A presenza de Cs en Galicia resúmese en datos: a día de hoxe, con presenza en 90 concellos onde mediante agrupacións e grupos locais o traballo da formación está a aglutinar a afiliados e simpatizantes que, sinala o responsable da implantación do partido en Galicia, “cada día, súmanse máis persoas ao noso proxecto buscando un cambio para Galicia e unha rexeneración de goberno que ven “máis que necesaria””, explica Bermejo quen sinala que “en Cs cada día recibimos chamadas de xente que quere formar parte dalgunha das agrupacións, sumarse ao proxecto, porque valoran a Cs como un partido que chega sen débedas e sen sospeitas de corrupción e sobre todo, querendo formar parte dun partido de cambio, que xa «salienta Laureano Bermejo» é urxente en Galicia”.  “Para toda esa xente temos as portas abertas porque queremos contar con xente traballadora e *talentosa que some e que achegue valor ás nosas listas e ao noso traballo diario en cada recuncho de Galicia”.

Cs atópase ultimando detalles das listas electorais “traballando sen descanso co primeiro obxectivo claro de abordar do mellor modo as inminentes municipais, coa tranquilidade do traballo ben feito, cuns datos de crecemento e implantación que nos avalan e que non quedan aí, comenta o secretario de organización de Cs, “A nosa evolución foi imparable neste último ano e medio en Galicia; ademais dos xa, máis de 1000 afiliados de cota (persoas que pagan as súas cotas mensuais e están ao corrente de pago), é dicir co compromiso que iso implica coas nosas siglas, estamos a día de hoxe en case 7000 inscritos ( suma de afiliados e simpatizantes)”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.