Desde Cidadáns Val Miñor denuncian o incumprimento do Concello cos veciños tras non cumprir coa súa palabra de comezo das obras na praza de abastos. Desde a formación laranxa, o seu portavoz local, Fabiola Cavalier así o denuncia, “ Sabarís segue sendo a única parroquia a pesar do seu gran volume poboacional que aínda non ten un Centro social pese ao compromiso do alcalde de comezar as obras da Praza de Abastos tras o verán e crear nese espazo un Multiusos cultural”.
Desde Cs Val Miñor advírtese ao equipo de goberno dos graves problemas que a demora de proxectos básicos, como a paralización das obras de humanización, están a causar aos veciños de Sabarís. “As canalizacións, que deberían ser substituídas, están a rebentar diante dos domicilios dos veciños sen que o Concello tome ningún tipo de Medida.”
Non é a primeira vez que Cidadáns solicita ao concello que priorice actuacións nesta parroquia antes de que sexa demasiado tarde. Como exemplo, a reclamación que desde Cs tamén se fai sobre o “mal estado” doutros elementos urbanísticos da zona como son; “O paseo marítimo que continúa derrubándose sobre a marisma, a falta de iluminación nas inmediacións da Praza de Abastos ou a falta de control sobre o tráfico durante todo o verán, con coches aparcados en vaos e sobre as beirarrúas”.
Noticias de última hora en Vigo