O Grupo Municipal Cidadáns Lugo quixo agradecer esta mañá aos lucenses a súa gran participación nas festas patronais da cidade, “grazas aos veciños conseguiuse que o San Froilán volva ser unha das festas máis importantes de Galicia”, afirma Olga Louzao, portavoz de Cidadáns.
A pesar do bo tempo, este ano o número de persoas que acudiron ás festas foi moito menor, o que puido ser provocado polo Caudal Fest ao ser xusto unha semana antes do inicio das celebracións. “Xa se advertiu ao Goberno Municipal que a proximidade de datas entre o Caudal Fest e o San Froilán podía restarlle importancia á segunda, e parece que así foi”, opina Louzao, “a isto tamén hai que sumarlles a falta de ideas do goberno, ao non achegar novidades con respecto a outros anos”.
Noticias de última hora en Vigo