Cidadáns Vigo pide que se aclare a operación inmobiliaria de compra do edificio do Concello en Areal por parte da Zona Franca

Gregorio García propón como alternativa “que o Concello alugue a ZFV ditas oficinas na rúa Areal asegurándose así o Concello uns ingresos anuais sen ter que desfacerse do seu patrimonio histórico”
Publicado por o día 26/09/2018 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Cidadáns Vigo pide que se aclare a operación inmobiliaria de compra do edificio do Concello en Areal por parte da Zona Franca

Cidadáns Vigo pide aclaración da operación inmobiliaria de compra do edificio do Concello en Areal por parte da Zona Franca de Vigo.  “Gustaríanos lembrar ao Sr. Regades, Delegado da Zona Franca de Vigo, que dita institución é unha Axencia para a Promoción Económica e non para a especulación inmobiliaria, polo que debería aclarar a operación inmobiliaria que expón Zona Franca de Vigo” comentou Gregorio García, coordinador de Cidadáns en Vigo.

Cs Vigo lembra que o orzamento anual da ZFV en investimentos para 2019 é duns 45 M€ e que o valor do inmoble estímase nuns 5 M€. “É unha aberración que se destine máis dun 10% do orzamento anual de Zona Franca a esta operación inmobiliaria. Se a verdadeira razón do Sr. Regades é, como di, liberar superficie para empresas no polígono de Bouzas, desde Cs propoñemos como alternativa que o Concello alugue a ZFV ditas oficinas na rúa Areal. Desta forma o Concello aseguraríase uns ingresos anuais sen desfacerse do seu patrimonio histórico”.

Gregorio García lembrou as palabras do Alcalde de Vigo, que hai pouco dicía que “non quería vender o patrimonio de todos os vigueses, falando do caso do Estadio de Balaídos, e agora parece que lle trae sen coidado vender un dos edificios de maior valor histórico da nosa cidade”.

Por todo iso, Cidadáns Vigo esixe transparencia ao Alcalde da cidade, que explique cales son as razóns reais da devandita venda, “habendo outros métodos como o aluguer ou a cesión do inmoble” explica o coordinador local de Cs, “de modo que Vigo non quedaría sen un dos seus históricos edificios”.