Cidadáns Vigo propón crear “aparcamentos exprés” en Camelias para evitar as dobres filas

Gregorio García, Coordinador de Cs Vigo: “A eliminación dun carril produto da construción do carril bici provocará que a dobre fila detendo diariamente o tráfico na Avenida de Camelias”
Publicado por o día 18/09/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Cidadáns Vigo propón crear “aparcamentos exprés” en Camelias para evitar as dobres filas
O Coordinador de Cidadáns en Vigo, Gregorio García, propuxo a creación dun novo tipo de aparcamento de ORA denominado “aparcadoiro exprés” que regule o aparcamento en superficie e limite o estacionamento a 20 minutos máximo.
 
“Queremos que o pequeno comercio non se vexa prexudicado pola eliminación dun carril de circulación que impide a moitos condutores facer paradas e realizar compras na Avenida Camelias. De igual forma, moitos condutores necesitan realizar unha parada de curta duración para deixar aos seus maiores ou fillos e coa actual regulación do espazo público na avenida é imposible”.
 
Gregorio García considera que onde exista unha alta demanda de aparcamento e paradas de vehículos ”o Concello de Vigo debe encargarse da regulación do aparcamento para garantir un bo funcionamento da circulación nesta vía”. O Coordinador da formación laranxa cre que é necesario realizar políticas en paralelo á creación dos carrís bici para que a normal circulación do transporte público e dos vehículos non se vexa gravemente prexudicada.
 
O partido liberal considera que o aparcamento na Avenida de Camelias debe permitir a rotación de vehículos e que “sen custo algún” os condutores poidan realizar paradas de curta duración. “Non podemos permitir que un vehículo faga unha utilización prolongada dunha praza de aparcamento nun espazo público se esta vai prexudicar á circulación normal de vehículos e persoas”, destacou García.
 
Para finalizar, o coordinador local considera “moi beneficiosa esta medida por favorecer a rotación continua de vehículos” nunha vía na que “sempre existiu dobre fila”. “ Esta regulación do aparcamento en superficie non supón ningún gasto para os condutores, o sistema é totalmente gratuíto e soamente limita o aparcamento dun mesmo vehículo a 20 minutos nun rúa”. Ademais Gregorio García instou ao goberno local a “desenvolver formas de pago ou rexistro de matrícula de ORA a través de dispositivos móbiles e telemáticos que faciliten a vida aos condutores e axilicen estes trámites”.