Cidadáns Vigo reprocha ao Alcalde iniciar unha especie de “GUERRA DA AUGA” sen buscar unha solución definitiva ao problema

Gregorio García insta a Abel Caballero a “tomar conciencia e solucións urxentes e duradeiras” sobre a problemática da subministración de auga na cidade
Publicado por o día 03/10/2018 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Cidadáns Vigo reprocha ao Alcalde iniciar unha especie de “GUERRA DA AUGA” sen buscar unha solución definitiva ao problema

O Coordinador de Cidadáns en Vigo, Gregorio García, pediu ao Alcalde da cidade, Abel Caballero, que “tome todas as medidas necesarias e con carácter urxente para poder garantir a subministración de auga en calquera condición a todos os vigueses”.

O coordinador local da formación laranxa ha lamentado a actual falta de solucións explicando que “Asistimos a un fluxo constante de noticias referentes á subministración de auga á nosa cidade e só vemos que as distintas solucións para este problema son utilizadas como arma arreboladiza co fin de obter réditos políticos”.

Gregorio García criticou a postura de Abel Caballero entrado na guerra de porcentaxes de aforro, pasando a esixir aos demais o que dificilmente se cumpre na cidade, un 1% de aforro no sistema de Vigo equivale a un 30% no resto de sistemas abastecidos por Eiras; as ameazas non parecen estar xustificadas. “É habitual no alcalde atopar en quen centrar os seus ataques” e, así mesmo, reprochou ao Alcalde suprimir, de forma tardía, o sistema de limpeza de rúas mediante baldeo, que supón un malgaste en calquera momento do ano, non só a partir de Setembro.

“O que de verdade importa é asegurar a subministración de auga a Vigo en calquera condición buscando unha fonte inesgotable con garantía de futuro“, explica o coordinador local de Cs.

Desde Cidadáns considérase indispensable abrir un diálogo construtivo e plural para optar pola solución que realmente asegure o abastecemento de auga para o benestar dos cidadáns e o desenvolvemento da cidade.