Resulta lamentable e vergoñoso para Vigo que, en pleno centro da nosa cidade, prodúzanse accidentes por unha “deficiente sinalización que non prevén de forma adecuada a baixa altura deste tramo de rúa” denuncia o portavoz de Cs en Vigo, Gregorio García, quen explica que “os sinais visuais e acústicas instaladas no seu día, resultan insuficientes
A ponte existente na rúa Alfonso XIII, último vestixio do xa desaparecido “scalextric”, pola súa reducida altura provocou nos últimos anos un bo número de accidentes, sendo o último o dun autobús turístico de Burgos, anteriormente furgonetas e caravanas víronse afectadas.
“Desde Cs Vigo, propoñemos a instalación dun arco de galibo, como sinal de advertencia da baixa altura da ponte de ligazón da rúa Lepanto coa autoestrada AP 9”. “É unha medida de baixe custo e fácil e rápida instalación” sinala Gregorio García, coordinador de Cs Vigo. Por isto pedimos ao Concello de Vigo “que tome en consideración a nosa proposta e instale ao comezo da Alfonso XIII o arco de advertencia”.
Noticias de última hora en Vigo