Cidadáns Vilagarcía presenta a súa lista ás eleccións municipais

David Oliveira encabeza a candidatura de Vilagarcía.
Publicado por o día 21/04/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vilagarcia

Cidadáns Vilagarcía presenta a súa lista ás eleccións municipais
A lista coa que a formación laranxa presentarase aos comicios municipais está encabezada por David Oliveira, autónomo do mar, estudos en Administración e Dirección de Empresas pola USC, e formación en Habilidades directivas e xestión pola mesma universidade.
 
Seguiranlle no segundo posto de saída Gerardo Santos, Licenciado en Dereito e Fran López, rañeiro, monitor deportivo e socio cultural cunha ampla experiencia profesional e deportiva no 3.
 
Ademais completan os 5 primeiros postos Marián Alonso, Graduada en Bioloxía con posgraos en Calidade, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, que traballa actualmente como técnico de medio ambiente, e Lourdes Curvo, Administrativa e Presidenta da Agrupación de mariscadoras de Vilaxoán.
 
O número 6 é para Daniel Orduña, autónomo con gran experiencia na atención ao público. No 7 atopamos a Olga Pantoja, Técnico en Administración e Finanzas ademais de activista social, loitadora pola igualdade en diferentes asociacións e Ong, mentres en 8 é para Lisset Reirís, Administrativa en comercio e portavoz da Plataforma cidadá polo emprego. Completan o 9 Breogán Rey, Profesor de Matemáticas, Licenciado en Física e Xestor de Calidade e o 10 será ocupado por Ana Rodríguez, Diplomada en Enfermería cun Máster en Urxencias.
 
Completan a candidatura:
11. Jesús Ríos, arquitecto técnico.

12. Iván Padín, empresario.

13. Bibiana García, técnico superior en realización de audiovisuales y espectáculos y

mariscadora.

14. Carlos Durán, carretillero.

15. Yara Cristóbal, esteticista.

16. Guillermo Piñeiro, peluquero.

17. Isabel Peleteiro, educadora social.

18. Laureano Barreiro, comercial.

19. Francisco Villaverde, Gerente de supermercados.

20. Deborah Reirís, peluquera y esteticista.

21. Felisa Varela, estudios superiores en música y autónoma.

Reservas:

22. Lita Padín, ama de casa

23. Aquilino Casalderrey, informático

24. Juan José Oliveira, autónomo del mar retirado

 
David Oliveira: “Somos xente da vida civil, que sabemos das dificultades que entraña o día a día para os traballadores e a empresa. Trátase dunha lista moi equilibrada, competitiva e traballadora, da que destaca sobre todo a súa calidade humana e a súa vocación de servizo aos veciños”. Ademais argumenta que “se complementa á perfección co resto do equipo na localidade, e coa que aspiramos a obter uns grandes resultados o próximo 26 de Maio”.