Cidadáns Vilagarcía propón prohibir a apertura de casas de apostas nas inmediacións de centros escolares e xuvenís

David Oliveira, portavoz de CS Vilagarcía: “As estatísticas son preocupantes. Temos que empregar todas as ferramentas posibles para poñerlle freo a este gran problema”
Publicado por o día 31/01/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vilagarcia

Cidadáns Vilagarcía propón prohibir a apertura de casas de apostas nas inmediacións de centros escolares e xuvenís

Segundo a Asociación Española de Empresarios de Salóns de Xogo e Recreativos (ANESAR) o número de casas de apostas multiplicáronse en todas as Comunidades Autónomas, alcanzado as 3.132 en 2017, lonxe das 2441 rexistradas en 2014. Oliveira, portavoz de cidadáns en Vilagarcía, mostra gran preocupación pola media de idade do inicio nestas actividades no noso país. “Un estudo coordinado pola Dirección Xeral de Ordenación do Xogo marca como a idade máis habitual para iniciarse no xogo os 21 anos e o 36% dos enquisados xa o facían antes dos 18.”

Datos como estes foron os que levaron ao partido laranxa a presentar unha iniciativa no rexistro do Concello, unha iniciativa que xa foi presentada e solicitada noutros municipios galegos da man de Cidadáns e na que se pide a regulación da apertura de casas de apostas e xogo nas proximidades de centros escolares, institutos e edificios públicos con alto tránsito de menores de idade, a través unha modificación na normativa sobre planificación urbanística. “É necesario que o concello poña en marcha campañas de concienciación dirixidas tamén aos pais sobre os riscos que entraña o xogo, contando coa colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade para a supervisión dos mecanismos de identificación que detectan o acceso de menores de idade aos mesmos” explicou o portavoz de Cidadáns en Vilagarcía quen comenta que con esta medida o que se pretende é “instar o goberno local a traballar na prevención sobre condutas adictivas relacionadas co xogo e as apostas deportivas, xa sexan presenciais ou on-line, revisando e actualizando a normativa que limite a publicidade en horarios e lugares de especial protección” finaliza o representante da formación laranxa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.