A Agrupación de Cidadás Cs Vigo presentou na mañá de hoxe unha moción ante o Concello de Vigo instándoo a que regularice de forma urxente as Plusvalías dos Terreos de Natureza Urbana en Vigo.
A moción presentada fai alusión expresa á necesidade dunha regularización do imposto sobre o incremento de valor dos Terreos de Natureza Urbana, ou tamén denominado, Plusvalía Municipal.
Esta petición, ven motivada pola resolución do Tribunal Constitucional de considerar inconstitucional a regulación que se está a levar a cabo ata o momento deste gravame, na medida en que se están sometendo a tributación situacións de inexistencias de incrementos de valor.
Dita resolución pon de manifesto a inadecuada regulación dun imposto cuxa esixencia é potestativa, e que obrigou a numerosos contribuíntes a facer fronte a pagos que non obtiveron ningún tipo de plusvalía na transmisión de vivendas e locais na nosa localidade.
Desde a Agrupación Cidadáns Cs Vigo ínstase ao Concello a que de forma urxente dispoña, a través dun procedemento establecido, os medios materiais e humanos necesarios para que os contribuíntes que non obtiveron plusvalías coa transmisión de inmobles sitos en Vigo poidan reclamar as cantidades satisfeitas en concepto de Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana e a aprobar un proxecto inicial de modificación da Ordenanza Reguladora de dito imposto, no que se estableza como réxime de xestión do mesmo, o de declaración tributaria.
Noticias de última hora en Vigo