A Ciencia cóntase con humor en Nigrán

O grupo Big Van (Científicos sobre ruedas) chega ao municipio cun divertido espectáculo de monólogos a cargo de Alberto Vivó, Ana Payo e Oriol Marimon, tres investigadores de Castellón, Mallorca e Barcelona.
Publicado por o día 27/10/2017 na sección de Cultura,Galicia,Nigrán

A Ciencia cóntase con humor en Nigrán

Científicos e científicas que fan rir ao público respondendo a preguntas como Que é a epigenética?, Como se descubriu o bosón de Higgs?, ou En que se diferencia un teorema dunha conxectura? Aínda que pareza difícil, isto é posible con Big Van, un grupo de investigadores e investigadoras en activo que contan o seu labor diario en forma de monólogo. Estes “Científicos sobre ruedas” estarán en Nigrán este domingo, 29 de outubro, falando de matemáticas, bioquímica, física e astronomía, entre outras materias, con moito rigor e altas doses de humor. A actividade, que pon o broche de ouro ao do “Mes do teatro” en Nigrán, celebrarase no Auditorio do Concello (Praza do Concello s/n) ás 19:30 horas e con entrada libre ata completar aforo.

Big Van é unha actividade que se realiza en contornas tan dispares como teatros, museos, colexios ou mesmo bares. O importante, segundo os seus protagonistas, é contar o máis interesante da ciencia dunha forma rigorosa, pero tamén divertida, amena, sorprendente, excitante. Para esta ocasión desprazaranse ata Nigrán Alberto Vivó, Ana Payo e Oriol Marimon, tres investigadores de diversas disciplinas que exercen en Castellón, Mallorca e Barcelona.

Esta é a primeira das iniciativa de Cidade Ciencia en Nigrán, un proxecto de divulgación científica que o Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Obra Social La Caixa puxeron en marcha xunto con máis de 40 concellos de España co fin de que os seus habitantes coñezan de primeira man a actualidade científica e tecnolóxica. A web www.ciudadciencia.es ofrece talleres e contidos online, así como información detallada sobre as actividades programadas nesta localidade.

Máis sobre os monologuistas

Alberto Vivó. De Castellón

Licenciado en Biotecnoloxía e Nanotecnoloxía. Iso pareceulle suficiente para producir electricidade utilizando bacterias nun instituto de química física. Pero onde resulta máis relevante é no departamento de I+D da sociedade gastronómica Oryza sativa, investigando para a cociña científica de Big Van e desenvolvendo a súa paixón pola gastronomía nuclear.

Ana Payo. De Palma de Mallorca

Doutora en Oceanografía e licenciada en Ciencias Ambientais. Tras percorrer de punta a cabo o backstage (as coleccións) do Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid voou ata Mallorca, onde se doutorou a base de contar gaivotas.

Oriol Marimon. De Barcelona

Desde outubro de 2013 son Doutor en Química Orgánica pola Universidade de Barcelona. Estou contento de contribuír ao mundo da investigación científica publicando os meus traballos sobre patogenicidad bacteriana na revista Nature Communications. Son orgullosísimo co-fundador dun dos maiores grupos de comunicación científica a nivel global “Big Van, Científicos sobre ruedas”.