“Cíes, obxectivo Patrimonio da Humanidade”, emblema das festas de Vigo

O alcalde deu a coñecer que as celebracións da cidade empregarán este lema como sinal de apoio á candidatura do arquipélago a Patrimonio Natural da Unesco e como mostra dun “sentimento unánime” de Vigo.
Publicado por o día 15/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

“Cíes, obxectivo Patrimonio da Humanidade”, emblema das festas de Vigo

Abel Caballero reiterou este xoves a continuidade da candidatura viguesa que “vai chegar a bo porto” e manifestou que non manterá unha xuntanza coa Xunta de Galicia “ata que retiren a candidatura, que foi nociva para as Cíes”.

Así, lamentou non ter aínda coñecemento da candidatura das Illas Atlánticas lanzada pola Xunta de Galicia e tamén a reunión do Conselleiro con colectivos para tratala, sendo esta unha proposta “clandestina, que non reúne os requisitos e contra a vontade desta cidade que foi ignorada e non participou” no proceso, despois de catro anos de traballo na campaña de promoción propia das Illas Cíes.

O rexedor anunciou que todas as accións das festas de Vigo, tanto para os máis pequenos como para os maiores, van facerse baixo a lenda “Cíes, obxectivo Patrimonio da Humanidade”, un “sentimento unánime da cidade que compartiremos e celebraremos centos de miles de vigueses e continuaremos cunha candidatura gañadora” para que sexan declaradas Patrimonio Natural da Humanidade.