CIG-Ensino insta a Educación a deixar o electoralismo e negociar con rigor e seriedade a OPE de 2020

Demanda que se inclúa unha cláusula de estabilidade para o profesorado interino
Publicado por o día 05/11/2019 na sección de CIG,Educación,Sindicatos

CIG-Ensino insta a Educación a deixar o electoralismo e negociar con rigor e seriedade a OPE de 2020

A conselleira de Educación ven de anunciar a Oferta de Emprego Público para 2020, que se produce sen previa negociación coas organizacións sindicais, sen achegar datos sobre xubilacións, nin número de interinidades nas distintas especialidades. Un anuncio no que avanzou que se convocarían oposicións en 90 especialidades cun número total de prazas algo superior ao de 2019 e que a CIG-Ensino entende que responde a “mero electoralismo e non dá resposta ás necesidades do sistema educativo galego”.

O único que si se sabe é que non se vai crear novo emprego, porque así o impide o acordo dos sindicatos estatais co goberno central e porque os orzamentos da Xunta para 2020 mesmo recollen unha redución de 45 postos de traballo nos corpos de secundaria con respecto a 2019.

Dado que o acordo entre os sindicatos estatais co anterior goberno Rajoy impide a creación de novos postos de traballo, de cumprirse  isto suporá unha simple substitución de profesorado temporal por fixo. Aínda máis, se temos en conta que o borrador dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano que vén inclúe unha redución de profesorado nos corpos de secundaria (pasamos de 17.966 no 2019 a 17.921 no 2020) está claro que esta OPE non vai resolver as carencias existentes no ensino público galego.

Así mesmo, outro dato que sorprende é o de que se convocarían prazas de 90 especialidades, algo que non acontecía desde o ano 2007, e para o que descoñecemos que estudo realizou a Consellaría ao respecto da idade e do número de persoal interino que hai en cada especialidade.

Neste sentido, e tendo en conta os datos de adxudicación de destinos provisionais deste curso, que sempre son algo inferiores ao número total de interinidades finalmente adxudicadas, na CIG-Ensino contabilizamos que hai 75 especialidades nas que traballan 10 ou máis persoas interinas e 41 nas que traballan 20 ou máis.

Isto significaría que despois de anos de conxelación de emprego público agora se convocarían procesos selectivos en especialidades con menos de 10 interinos traballando, pero dado que o número de prazas sería moi semellante ao do ano pasado, 1.788 de acceso libre e 2.064 se sumamos as de promoción interna que practicamente non se cobren, pódese intuír que serían moi poucas en cada especialidade, polo que de novo estamos ante unha estratexia meramente propagandística como a que nos ten acostumados a Consellaría nestes dous últimos anos.

Así pois, desde o sindicato instamos á súa titular a que negocie de forma rigorosa e seria a OPE de 2020 e que achegue os datos que permitan ver as necesidades educativas dos próximos anos no sistema público galego.

Acordo de estabilidade para o persoal interino

A Consellaría incrementou o número de interinos na última década polas limitacións nas taxas reposición de efectivos e agora, un profesorado que foi usado para facer fronte a esas necesidades, é desprezado pola propia administración.

Toda oferta pública de emprego debería diferenciar as prazas que son produto de xubilacións ou de falecementos das que, sendo estruturais e vacantes, foron ocupadas durante anos e anos por profesorado interino.

Un acceso diferenciado a estas prazas foi o que propuxo a CIG tanto na Mesa sectorial estatal como no Consello Escolar do Estado (a semana pasada) pero a nosa proposta foi rexeitada en ambos foros.

Así pois, a única alternativa para o colectivo interino, que pode verse abocado ao paro despois de moitos anos de conxelación de ofertas de emprego e que, tal e como se demostrou nestes últimos anos, non é o que maioritariamente aproba as oposicións, é que se inclúa unha cláusula de estabilidade no actual acordo que rexe a contratación de efectivos temporais no ensino público galego.

Neste sentido, a CIG-Ensino volverá reclamar a negociación desta cuestión na Mesa Sectorial na que se aborde a OPE de 2020 á que espera que a Consellaría acuda con ánimo de negociar  e sen máis anuncios electorais que distorsionen dita negociación.

NOTA: nas seguintes táboas aparecen desagregadas as especialidades con máis de 10 interinidades adxudicadas no CADP deste ano, un dato que sempre se ve lixeiramente incrementado polas contratacións que se producen a maiores a comezos de curso pero que a Consellaría aínda non nos facilitou.

 

ESPECIALIDADES CORPO MESTRES/AS                   INTERINIDADES CADP

 

597031-Educación infantil 139
597038-Primaria 56
597032-Idioma estranxeiro: Inglés 65
597033-Idioma estranxeiro: Francés 57
597034-Educación Física 39
597035-Música 40
597036 e 597060 – Educación especial: Pedagoxía Terapéutica 137
597037 e 597061 – Educación especial: Audición e Linguaxe 87
597039-Orientación 86

 

ESPECIALIDADES CORPO

PROFESORADO SECUNDARIA

INTERINIDADES CADP
590001-Filosofía 36
590003-Latín 35
590004-Lingua castelá e literatura 54
590005-Xeografía e historia 60
590006-Matemáticas 118
590007-Física e química 57
590008-Bioloxía e xeoloxía 44
590009-Debuxo 62
590010-Francés 47
590011-Inglés 52
590016-Música 10
590017-Educación Física 43
590018-Orientación Educativa 41
590019-Tecnoloxía 24
590053-Lingua e literatura galega 76
590061-Economía 31
590101- Administración de empresas 29
590103-Asesoría e procesos de imaxe persoal 19
590105-Formación e orientación laboral 40
590106-Hostalaría e turismo 27
590107-Informática 25
590108-Intervención sociocomunitaria 13
590109-Navegación e instalacións mariñas 13
590110-Organización e xestión comercial 23
590111-0rganización e proc. de mantenemento de vehículos 11
590112-0rganización e proxectos de fabricación mecánica 15
590113-Organización e proxectos sistemas enerxéticos 15
590115-Procesos de producción agraria 12
590116-Procesos na industria alimentaria 11
590117-Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos 15
590118-Procesos sanitarios 24
590119-Procesos e medios de comunicación 13
590123-Procesos e produtos en madeira e moble 17
590124-Sistemas electrónicos 19
590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos 11

 

 

 

 

ESPECIALIDADES CORPO PTFP                             INTERINIDADES CADP

 

 
591033-Prácticas e actividades 20
591033-Equipamentos electrónicos 39
591201-Cociña e pastelaría 22
591203-Estética 19
591204-Fabricación e instalación de carpintería e moble 17
591205-Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos 14
591206-Instalacións electrotécnicas 17
591208-Laboratorio 16
591209-Mantemento de vehículos 31
591211-Mecanizado e mantemento de máquinas 16
591214-Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios 18
591216-Operacións de produción agraria 16
591217-Patronaxe e confección 18
591218-Peiteado 11
591219- Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico 12
591220-Procedementos sanitarios e asistenciais 28
591221-Procesos comerciais 22
591222-Procesos de xestión administrativa 29
591223-Produción de artes gráficas 18
591225-Servizos á comunidade 59
591225-Servizos de restauración 16
591227-Sistemas e aplicacións informáticas 48
591228-Soldadura 19
591229-Técnicas e procedementos de imaxe e son 27

 

ESPECIALIDADES CORPO

PROFESORADO EOI

INTERINIDADES CADP
592004-Chinés 10
592011-Inglés 72

 

ESPECIALIDADES CORPO

CMUS-ESAD

INTERINIDADES CADP
594436-Danza clásica 10
594460-Linguaxe musical 16
594423-Piano 12

 

ESPECIALIDADES CORPO

EASD

INTERINIDADES CADP
595509-Deseño interiores 14
595512-Deseño gráfico 12