CIG pedir√° que se incorpore √° causa xudicial aberta o accidente no que faleceu un traballador do AVE

O sinistro mortal deste mércores en Laza reforza a denuncia penal interposta pola central sindical
Publicado por o d√≠a 12/10/2018 na sección de CIG,Sindicatos

CIG pedir√° que se incorpore √° causa xudicial aberta o accidente no que faleceu un traballador do AVE

A CIG vai solicitar que se incorpore á causa xudicial aberta, toda a información relativa ao accidente mortal deste mércores en Laza para que sexa, no marco desa investigación penal, onde se depuren as responsabilidades que puideran derivar de tal sinistro.

C√≥mpre lembrar que, a ra√≠z da denuncia penal presentada pola CIG en decembro do ano pasado, est√°n abertas dilixencias previas no xulgado de instruci√≥n de Ver√≠n, co obxecto de determinar se a alta sinistralidade na v√≠a do cami√Īo de ferro pode ter consecuencias penais, polo ‚Äúdesleixo absoluto‚ÄĚ √° hora de evitar os graves accidentes, varios deles mortais, ocorridos nesas obras na provincia de Ourense dende o ano 2013.

Ineficacia das medidas de prevención

Este m√©rcores, aos catro falecidos que a CIG contabilizou no momento de presentar a denuncia, hai que sumarlle unha nova morte e isto ven indicar, como m√≠nimo, a ineficacia ou a inexistencia das preceptivas medidas de prevenci√≥n e seguridade para garantir a sa√ļde e a integridade dos operarios e operarias das obras deste treito da li√Īa de alta velocidade. Esta precarizaci√≥n laboral multipl√≠case no caso dos operarios/as procedentes de Portugal

Dende a Federaci√≥n de Construci√≥n e Madeira da CIG insisten en que a responsabilidade da prevenci√≥n neste tipo de obras √© tanto das empresas adxudicatarias e subcontratadas, como do propio Estado “que, ao cabo, √© o promotor destas; sendo ambos, no seu caso, pos√≠beis respons√°beis das s√ļas consecuencias”.

Polo dito, a CIG vai dirixirse ao xulgado de instrución que leva a causa para que requira aos servizos de Protección Civil de Laza, aos bombeiros/as de Verín, a Garda Civil, á Consellaría de Traballo, ao ADIF e ás propias empresas toda a información relativa ao accidente, a fin de incorporala á investigación, tentar aclarar o sucedido e, no seu caso, esixir que se depuren as posíbeis responsabilidades.

Finalmente, a central sindical quere transmitir o seu pesar pola morte tr√°xica deste compa√Īeiro, vinculado √° CIG na Uni√≥n Local de Ver√≠n dende hai moitos anos, e ponse √° enteira disposici√≥n da familia para o que precise.