A CIG rexeita a decisi√≥n de EEUU de reco√Īecer Xerusal√©n como capital de Israel

Manifesta o seu apoio ao Pobo Palestino e demanda das institucións que condenen a decisión de Trump
Publicado por o d√≠a 12/12/2017 na sección de CIG,Sindicatos

A CIG rexeita a decisi√≥n de EEUU de reco√Īecer Xerusal√©n como capital de Israel

A Confederaci√≥n Intersindical Galega manifesta o seu apoio ao Pobo Palestino e rexeita rotundamente a decisi√≥n de Donald Trump de trasladar a Xerusal√©n a s√ļa embaixada reco√Īec√©ndoa as√≠, unilaterlamente, como capital do Estado Israel. Unha nova violaci√≥n de Dereito Internacional que dificulta a resoluci√≥n do conflito por v√≠as pac√≠ficas.

A CIG denuncia que as continuas violaci√≥ns do dereito internacional e dos dereitos humanos, por parte do estado de Israel, est√°n creando na realidade un apartheid. Israel contin√ļa ocupando ilegalmente, colonizando Palestina e limpando etnicamente a poboaci√≥n das s√ļas terras. Aos/as refuxiados/as palestinos/as s√©gueselles negando o seu dereito ao retorno. C√ļmprense xa:

  • 50 anos desde a ocupaci√≥n de Cisxordania e a Franxa de Gaza.
  • 15 anos desde a construci√≥n dun muro de apartheid ilegal de m√°is de 700 Km. de longo.
  • 10 anos desde a imposici√≥n dun bloqueo terrestre, mar√≠timo e a√©reo na Franxa de Gaza.

Mais as potencias occidentais, con EEUU √° cabeza, as s√ļas alianzas na zona, e a propria Uni√≥n Europea e os seus estados, seguen colaborando e asinando acordos con Israel, d√°ndolle apoio pol√≠tico, econ√≥mico e militar, mirando para outro lado, hipocritamente, diante destes incumprimentos e obstru√≠ndo a resoluci√≥n do conflito por v√≠as pac√≠ficas e con xustiza, segundo os acordos internacionais.

Diante disto a CIG demanda das instituci√≥ns galegas, do Estado espa√Īol e internacionais, que manifesten o seu rexeitamento √° decisi√≥n de Donald Trump, tomen as medidas necesarias para deter este proceso claramente colonizador por parte de Israel e fagan respectar os acordos acadados e os dereitos da poboaci√≥n palestina, tanto nos seus territorios, como en territorio israel√≠.