CIG-SAÚDE denuncia que o material cirúrxico do H. Álvaro Cunqueiro está sendo enviado a POVISA para a súa esterilización

A falta absoluta de previsión da Xerencia da EOXI de Vigo ocasionou que a central de esterilización antiga.
Por o 07/06/2016 | Sección: CIG,Sanidad,Sindicatos,Vigo
CIG-SAÚDE denuncia que o material cirúrxico do H. Álvaro Cunqueiro está sendo enviado a POVISA para a súa esterilización

A CIG-Saúde di que “é lamentable que tendo unha central de esterilización pública, acreditada e con profesionais competentes, nos vexamos, desde que se iniciou o traslado ao Novo hospital, con continuos problemas co material, que ocasionan reiteradas suspensións de intervencións cirúrxicas”.

A falta absoluta de previsión da Xerencia da EOXI de Vigo ocasionou que a central de esterilización ilcanallarubens_carrito estirilizacion en el alvaro cunqueiro_vigo_2016antiga, que funcionaba, deixara de facelo antes de ter montada e en pleno funcionamento a nova central de esterilización. Esta nova central ten que funcionar coas máximas garantías e as traballadoras e traballadores deben estar preparados para o uso das novas tecnoloxías implantadas.

As e os profesionais de esterilización coas dúas centrais funcionando a medias e con evidentes problemas para optimizar o funcionamento da nova, son insuficientes para sacar o traballo adiante o que fai que a metade da plantilla se atope en situación de baixa laboral pola presión á que está sometida.

Desde CIG-Saúde demandan que un aspecto tan crítico e que condiciona a asistencia sanitaria da nosa área como é a esterilización sexa unha prioridade, e no canto de contratar coa sanidade privada, se invista en persoal e medios que permitan a correcta posta en marcha da nova central de esterilización de acordo cos estándares e certificacións que garantan que as intervencións se fagan nas mellores condicións, pois o que está en xogo é a saúde de todas e de todos.

Nado en Vigo hai 36 anos. Nacionalista Galego, Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.