Cig Unisono informa que leva facendo un traballo exhaustivo na revisión de todos os contratos de Unísono

Publicado por o día 19/01/2019 na sección de CIG,Galicia,Sindicatos,Vigo

Cig Unisono informa que leva facendo un traballo exhaustivo na revisión de todos os contratos de Unísono

Desde hai varios meses esta Sección Sindical, e coma sempre, entre outras moitas cousas, leva facendo un traballo exhaustivo na revisión de todos os contratos de Unísono, pero temos un gran problema a empresa non está entregando todos os contratos, polo que non temos os datos compretos para revisar.

Denunciamos esta situación ante Inspección de Traballo, en múltiples ocasións, os incumprimentos reiterados da empresa en materia de entrega de documentación e tanto fraude na contratación como converión de persoal indefinido por concatenación de contratos ou por prazo de 4 anos con contrato de obra.

¿Porque é tan importe ter estes contratos? Para poder comprobar si hai algún fraude na vosa contratación (polo que seriades indifinidas/os), ou se vos corresponde ter conversión a contrato indefinido.

Por este motivo, estamosvos solicitando ó persoal as vosas vidas laborais, para poder comprobar que contrato vos corresponde, e reclamar si o mesmo ten que ser indifenido.

Un dos erros máis habituais por parte da empresa, co que nos atopamos é que resulta que a empresa non sabe sumar e hai que lembrarlle de maneira constante cando unha compañeira ou compañeiro acumula meses suficientes de contrato para ser indefinido, por un contrato de obra, ou por concatenación de contratos, pero aí seguiremos nós para lembrarllo sempre.

En varias ocasións, a empresa fixo oídos sordos, pero conseguimos a conversión a través de Inspección de Traballo.

Esta semana volvemos reclamar máis de 20 contratos por concatenación, e en breve serán máis por 4 anos ca mesma obra, e seguiremos pendentes para que se cumpra o establecido na legalidade.

A maneira máis sinxela de comprobar si tes que ter contrato indefinido é a túa vida laboral.

Polo que se pensas que podes estar na mesma situación e queres que cho solicitemos tamén, comunícate connosco a través de mensaxe directa aquí, no Facebook, ou envíanos a consulta ao noso correo electrónico: [email protected]

Coma sempre traballamos polos nosos dereitos e faremos o que sexa necesario para que se cumpran.

CONTACTA CON NÓS SI TES ALGUNHA DÚBIDA SOBRE ESTE OU OUTRO TEMA, TES TAMÉN OS NOSOS CONTACTOS TELEFÓNICOS NOS TABOLEIROS DE CADA CENTRO DE VIGO.