Polo menos cinco denuncias de presunto acoso sexual e abuso sobre alumnas da ESAD

Publicado por o día 10/03/2020 na sección de Galicia,Vigo

Polo menos cinco denuncias de presunto acoso sexual e abuso sobre alumnas da ESAD

A asemblea de estudantes da Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD) revelou onte que polo menos existen cinco denuncias de suposto acoso sexual e abuso de poder de dous profesores do centro. Un destes episodios remóntase a 2006, segundo apuntou unha portavoz do colectivo de estudantes da ESAD, que cumpriu unha semana sen acudir a clases. Os alumnos concentráronse onte ante a delegación territorial da Xunta en Vigo para esixir que se á parte da docencia a estes dous profesores. A portavoz denunciou que a Inspección educativa “non está a axudar” e indicou que piden “abrir unha investigación e que solucionen o problema” tras reclamar “máis apoio da autoridade educativa, porque se trata dun tema moi delicado”.

A portavoz dos estudantes da ESAD insistiu na reclamación de apartar a eses profesores “para poder ter unha educación digna e de calidade”, e asegurou que os estudantes non cesarán nas súas reivindicacións ata que Educación “tome cartas no asunto”.

Os alumnos da ESAD reciben o respaldo das profesoras do centro, que están a secundar paros parciais.