Cinco empresas optan ao contrato dos composteiros individuais

Son Vermican, Plástic Omnium, Alqui-evans, UTE Berlabrand- Alfa Omnia e Castroman
Por o 07/12/2017 | Sección: Galicia,Pontevedra
Cinco empresas optan ao contrato dos composteiros individuais
Compartir en:

A aposta pola compostaxe segue adiante. Hoxe reuniuse a mesa de contratación para a adxudicación do subministro de composteiros individuais co fin de abrir as plicas das ofertas presentadas. Son cinco as empresas interesadas en facerse co contrato, segundo informa o concelleiro de Economía e responsábel de Contratación, Raimundo González:

  • Vermican
  • Plastic Omnium
  • Alqui.envas
  • UTE Berlabrand- Alfa Omnia
  • Castroman

O contrato ten previsto o subministro de 8.000 composteiros individuais, con kits de aireación incluídos e sae a licitación por un importe de 842.160 euros. Cada composteiro terá un custe de 87 euros máis IVE.

O contrato de prestación do subministro, e dicir a entrega dos composteiros, terá unha duración máxima de dous anos. Instalaranse en todas as vivendas unifamiliares do concello, tanto urbanas como rurais sempre que teñan unha pequena horta que poida acoller a instalación. A cada usuario daráselle unha explicación sobre o funcionamento do composteiro e a posteriori haberá un seguimento co fin de avaliar, e corrixir se fose preciso, o desenvolvemento do novo sistema de xestión de residuos orgánicos.

Os composteiros individuais son un piar fundamental do sistema alternativo de xestión da recollida de lixo polo que aposta o Concello de Pontevedra, xunto cos composteiros comunitarios, con experiencias exitosas en marcha e en proceso de implementación.