Un total de cinco persoas resultaron feridas tras verse implicadas nun accidente, no cal, houbo tres coches implicados que circulaban pola A-55, á altura da saída 7A, dirección Tui, en Cabral.
O accidente ocorreu sobre as 18: 30 horas da pasada tarde. Foi a esa hora cando o 112 Galicia recibía a alerta dun particular. Ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse os Servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes de Tráfico. Tamén foron informados os Bombeiros de Vigo, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil.
Finalmente, no sinistro, segundo a información que facilitaron os axentes, houbo cinco persoas feridas que, ao parecer, non parecían revestir gravidade.
Noticias de última hora en Vigo