Os cinco ocupantes dun vehículo resultaron feridos esta mañá á altura da localidade pontevedresa de Poio.
O accidente ocorreu pasados uns minutos das 06:30 horas de hoxe. Foi a esa hora, cando os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia. Indicaban que un turismo se saíra da vía e envorcara na VG 4.8, á altura do cemiterio de Poio. Os cinco ocupantes estaban fóra do turismo por iso non foi preciso o uso do material de excarceración.
Nada mais recibir o aviso dos técnicos sanitarios, o CIAE puxo os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, dos membros do GES de Sanxenxo e, ademais, informou da situación aos efectivos de Protección Civil da localidade e ao persoal do servizo de mantemento da vía.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.