Cinco persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na A-52, na Gudiña

Publicado por o día 21/07/2020 na sección de Galicia,O Porriño,Sucesos

Cinco persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na A-52, na Gudiña

A A-52 foi esta tarde escenerario dun accidente de tráfico que deixou cinco feridos na Gudiña.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, contra as dúas de hoxe, colidiron un turismo e unha furgoneta da Autovía das Rías Baixas en sentido Madrid. Como consecuencia do impacto, cinco persoas sufriron lesións de diversa consideración, polo que foron atendidas polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. De feito, un equipo médico acudiu ao lugar do accidente a bordo do helicóptero con base en Ourense co fin de axilizar os traslados.

Igualmente, necesitaron da colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico para organizar a circulación e facilitar a actuación dos equipos sanitarios.

Cómpre salientar que este operativo activouse grazas ás chamadas das testemuñas do accidente e dun dos propios implicados na colisión que, na súa comunicación co 112, indicou que entre os feridos había menores, aínda que estaban liberados e accesibles.

Comentar noticia

Your email address will not be published.