Cinco vehículos víronse implicados nun accidente rexistrado na AP-9 en Narón

Publicado por o día 19/02/2018 na sección de Sucesos

Cinco vehículos víronse implicados nun accidente rexistrado na AP-9 en Narón

Un total de cinco vehículos víronse implicados nun sinistro que tivo lugar esta noite na AP-9, ao paso polo Concello de Narón.

A causa do golpe, dúas persoas necesitaron asistencia médica, aínda que o seu estado de saúde non revestía gravidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 22:30 horas, cando un dos turismos implicados saíuse da vía e sufriu un efecto rebote que o devolveu á estrada provocando a colisión contra outros catro vehículos que circulaban nos mesmos carrís en sentido á Coruña.

Foi un condutor quen se puxo en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para informar do sucedido. A partir de aí, activouse un operativo no que participaron os servizos sanitarios de urxencia e as forzas da orde.

Saída de vía en Carballo
Por outra banda, na tarde de onte, en Carballo, un vehículo saíuse da vía na estrada en dirección a Razo. No interior viaxaban dúas persoas que necesitaron asistencia sanitaria e mesmo foron evacuadas á Clínica Quiron.

Con todo, as persoas estaban liberadas e accesibles, non obstante, interviñeron os bombeiros por certo cheiro a queimado que fixo temer por un incendio no vehículo que, finalmente, non chegou a producirse.