Once alfombristas do Cantón de Boavista acompañados do Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e da concelleira de Comercio, Inés Vidal, representan a Ponteareas na vila da Orotava en Canarias.
No día de hoxe, confeccionaron unha alfombra floral de cincuenta metros cadrados na rúa perfilada co capucho da landra de carballo e realizada con urceira verde e negra, pampullo, tuia, rosas e caraveis levados dende Ponteareas e outras flores facilitadas todas pola asociación de alfombristas de La Orotova.
Cun deseño de motivos florais, ao estilo Ponteareas, a alfombra ponteareá atrapou a ollada dos moitos visitantes que se achegan ao longo desta semana a La Orotova.
O Alcalde de Ponteareas destaca a importancia deste estreito irmanamento que enriquece ás dúas cidades e fai que compartan coñecementos e o mesmo gusto pola arte floral.
Noticias de última hora en Vigo