Cine, humor e flamenco nas ‘Noites de Terraza’ de Ponte Caldelas

O domingo haberá sesión vermú coa Banda de Música Unión Musical de Meaño

Unha semana máis volven as ‘Noites de Terraza’ a Ponte Caldelas. Con distanciamento social, uso obrigatorio de mscarilla e con todas as medidas hixiénico sanitarias establecidas. Coa seguridade como prioridade absoluta, o xoves haberá cine ás 22.00 horas, coa proxección  da película ‘El mejor verano de mi vida’. O venres ás 21.00 horas terá lugar o espectáculo ‘Concerto Singular’, que chega da man de ´Píscore’, unha compañía que ten a premisa de facer rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética clásica seguindo o estilo de ‘Les Luthiers’.

O sábado chegan aires andaluces da man da baiolaora María Rial e ‘Tony y el Primo’. Ás

21.00 horas comezará un espectáculo  de música e baile flamenco que non deixará a ninguén indiferente. O domingo  haberá de novo sesión vermú coa Banda de Música Unión Musical de Meaño, que ofrecerá un concerto para animar o mediodía do domingo mentres os veciños e visitantes de Ponte Caldelas desfrutan dun refrixerio na gran terraza que conforman a Praza de España e a Alameda nas beiras do Río Verdugo.

E os venres… Caldelas Tapas

E para degustar as mellores tapas, a cita gastrómica está os venres en Ponte Caldelas. A partir das 20.30 horas comeza o tapeo que permite degustar pinchos variados por 1,50 euros (bebida aparte). As propostas son para todos os gustos: en Acuña pódese probar o

‘Bocado mediterráneo’; Alameda ofrece ‘Raxo Alameda’; o Atelier del Delirio propón unha

‘Concha del Delirio’; Bora Río presenta ‘Tataki Mex’; El Chavo Casa de Comidas prepara unha ‘Hamburguesa Chavo’; Jamarte elabora uns ‘Bocadiños do mar’; Klimbin cociña

‘Pastel rallado de patata’; LaTribu emplata un ‘Botanero de papa’; La Terracita suxire un

‘Arroz con gamba’; Parada descobre a tapa ‘Mar con sabor a terra’; Tapería Victoria recomenda  un  ‘Salpicón  de  pulpo’;  e  Verdugolandia  plantea  unhas  ‘Carrilleras  del Verdugo’.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM