Cinema Crianza xa está aquí!

Con moita ledicia, anunciamos que mañá comeza o Festival internacional de cine infantil Cinema Crianza.
Publicado por o día 15/12/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia

Cinema Crianza xa está aquí!

Durante tres días, O Milladoiro e Bertamiráns (Ames, A Coruña) convertiranse no centro galego do cinema infantil. Nas Casas da Cultura destas dúas localidades poderanse ver curtametraxes, filmes e documentais para nenos dende os 0 anos. Sesións con pezas únicas, chegadas dos cinco continentes, case imposibles de atopar nas salas convencionais.

A inauguración do Cinema Crianza terá lugar mañá na Casa da cultura de Bertamiráns ás 18 horas e contará ca presenza de Marcos Nine (director artístico) e David Santomil (concelleiro de cultura de Ames). Por suposto, estaremos encantados de vervos alí.

Poñédevos en contacto comigo para emitir pases de prensa, invitacións, ou concertar entrevistas cos creadores.

Vémonos no cine!