Cinema infantil coa proxección de «La Bella y La Bestia» este sábado 20 de outubro

Publicado por o día 15/10/2018 na sección de A Guarda,Galicia

Cinema infantil coa proxección de «La Bella y La Bestia» este sábado 20 de outubro

O vindeiro sábado día 20 de outubro o Centro Cultural da Guarda acolle unha nova sesión de Cinema Infantil coa proxección da película «La Bella y La Bestia».

A proxección terá lugar ás 17:30h no Salón de actos do Centro Cultural, non é preciso retirar tickets con antelación e a entrada é de balde.

O Ciclo de «Cinema de Outono» continuará o vindeiro venres día 2 de novembro coa proxección de «Animales fantásticos», ás 21:00h no Centro Cultural.

Dende a Concellería de Cultura convídase a todos os que desexen asistir, a que participen nestas proxeccións de cinema.