‘Cinema na Lúa’ recala na praza da Pedreira a partires do luns

Ofrece 7 filmes de estilos moi diferentes, un deles en versión orixinal subtitulada
Publicado por o día 02/08/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

‘Cinema na Lúa’ recala na praza da Pedreira a partires do luns

O ciclo Cinema na Lúa tamén forma parte da programación ‘Pontevedra vísese’ e, partires do luns, volverá recalar na praza da Predreira. Entre o 3 e o 7 de agosto ofrecerá, todos os días ás 23h, un filme de estilos e temáticas moi variadas e como novidade, nesta edición, inclúese un filme en versión orixinal subtitulada. Este ciclo realízase en colaboración co Cineclube Pontevedra.

Programa Cinema na Lúa

3 de agosto
• 23:00h. Praza da Pedreira. Comanchería. Western

4 de agosto
• 23:00h. Praza da Pedreira. Muchos hijos, un mono y un castillo. Documental

5 de agosto
• 23:00h. Praza da Pedreira. A muller da montaña. (Estaba programado ‘Capitán Fantastic’ que se substitúe por ‘A muller da montaña’)

6 de agosto
• 23:00h. Praza da Pedreira. Lady Bird. Comedia dramática

7 de agosto
• 23:00h. Praza da Pedreira. Psycosis. VOSE. Intriga

Protocolo Covid-19

Todas as actuacións de escenario estarán acoutadas, aforadas e co público sentado en función do número de cadeiras que permita cada espazo escénico distribuído pola cidade e os barrios. O aforamento está determinado por estudos previos realizados pola Concellaría de Festas, que xestiona Carme da Silva, atendendo aos distintos decretos ditados polas administracións estatal e autonómica.

Os 13 espazos escénicos serán previamente desinfectados: cadeiras, escenario, camerinos, zonas de control… Ao remate de cada actuación, volverase a desinfectar. A asistencia a todos os espectáculos é de balde, mantendo así a política festiva do Concello de Pontevedra. A entrada ao recinto abrirase unha hora antes para que as persoas que queiran asistir poidan facelo con tranquilidade, sen aglomeracións e garantindo as medidas hixiénico-sanitarias marcadas. En todos os espazos escénicos haberá unha única porta de entrada.

O público deberá pasar, primeiro, por unha alfombra húmida (con produtos desinfectantes) e a continuación por unha alfombra seca. Deberán levar máscara, limpar as súas mans con hidroxel e seguir, en todo momento, as indicacións do persoal de seguridade e dos acomodadores que haberá no espazo acoutado.

Os espectáculos durarán unha hora. O público asistente deberá permanecer sentado todo o tempo, agás para abandonar o recinto.

Ao remate, a Concellaría habilitará dúas saídas en cada un dos espazos, que estarán en lugares opostos á entrada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.