Cinemas de Galicia volta ao Grove hoxe domingo

Este domingo proxectarase o filme “The Square” na Carpa institucional.
Publicado por o día 04/11/2018 na sección de Galicia,O Grove

Cinemas de Galicia volta ao Grove hoxe domingo

O Concello do Grove continúa formando parte do programa Cinemas de Galicia auspiciado pola Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC). Esta iniciativa ten como obxectivo achegar o cinema a aquelas localidades onde non se conta con salas de exhibición e, ao mesmo tempo, darlle cabida ao cine galego e a outras cinematografías minoritarias permitindo así que os espectadores teñan acceso a filmes aos que resulta máis complexo acudir en salas comerciais.

Nesta nova temporada de cine, a Carpa institucional exercerá de sala e as proxeccións comezarán este domingo ás 19.00 horas co filme “The Square”. Neste caso é unha película sueca do ano 2017 dirixida por Ruben Östlund. Unha comedia dramática que foi nominada aos Óscar como mellor película de fala non inglesa, tendo conseguido a Palma de Ouro no Festival de Cannes. A entrada, como é habitual, terá un prezo de tres euros.