Cinismo e falsedades de Feijóo sobre o Hospital de Vigo

Ante as declaracións realizada polo Presidente da Xunta, Sr.  Núñez Feijóo no Faro de Vigo do venres, sobre a construción do Hospital de “A Coruña”, que se realizará con fondos públicos, en contraposición o realizado no H. Álvaro Cunqueiro,  que se realizo a través da colaboración Público-Privada e na que afirma que foi “….o goberno Central, presidido polo Sr. Zapatero, o responsable de que a única solución que había para súa construción era o recurso a financiación público-Privada….”

A Asociacion Galega para  Defensa da Sanidade Pública, ven denunciar a opinión pública, a “hipocrisía” de ditas declaracións, dado que foi responsabilidade do Partido Popular e do seu executivo, liderado polo Sr. Feijóo, de paralizar o proxecto de construción e financiación do hospital a través da Sociedade Pública de Inversións (SPI) realizado polo goberno da Xunta do Sr. Touriño,  na que a Conselleria de Economía cedía 300 millóns de euros para a construción e 90 millóns para a dotación de material clínico. A  obra construtiva se realizaba en  4 anos (2009-2013), inversión que sería devolta pola Conselleria de Sanidade en 15 anos (2011-2025). Estas medidas foron tomadas no Consello da Xunta do Sr. Touriño, o 5 de Febreiro  de 2009, na que se acordou a financiación do Novo Hospital de Vigo.

O Sr. Feijóo e o PP, a súa chegada a Xunta, paralizan o  proxecto durante dous anos, dado que tiñan as competencias plenas da sanidade e deciden a súa nova construción a través da financiación Público-Privada (PFI), igual  a que realizaron nas comunidades de Valencia e Madrid en época de bonanzas económicas, cun abono dun canon de 60 millóns anuais durante 20 anos, con sobrecostes millonarios que se detraen do gasto corrente e na que diminuíron o proxecto arquitectónico, nun 40%, pasando de 1265 a 845 camas hospitalarias, así como as salas de UCI, Quirófanos, etc., (cuan necesarias serian na actualidade, en esta pandemia). Esta é a forma habitual, que “o PP ten para descapitalizar o sistema público sanitario e entregalo a entidades privadas para o seu beneficio”.

A Asociacion Galega para  Defensa da Sanidade Pública, ven denunciar, que foi unha “irresponsabilidade da Xunta do Sr. Núñez Feijóo” de apostar por un hospital máis pequeno e con un sobre coste sobre o financiado no 2009, tal como denunciou a asociación durante anos, incluído a denuncia pola vía xudicial. Apostar por la Financiación Privada de Investimentos (PFI), como se demostrou na actualidades coa venta de accións da concesionaria a fondos voitres de inversións, ten un custe que o pagamos tódolos Galegos, durante moitos anos.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario