O círculo solicita un aplazamento á restrinción total do tráfico de camións por Sanjurjo Badía

Mostra a súa total sensibilidade cos veciños da zona e aposta por buscar solucións ao problema provocado pola dispersión das instalacións portuarias
Publicado por o día 19/01/2018 na sección de Galicia,Vigo

O círculo solicita un aplazamento á restrinción total do tráfico de camións por Sanjurjo Badía

O presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell, solicitou ao Concello de Vigo un aplazamento da restrición total do tráfico de camións por Sanjurjo Badía, prevista para o 1 de febreiro.

Faise eco así da preocupación que lle transmitiu o presidente do Foro da Loxística e do Transporte do Círculo, Francisco Izquierdo, tras a reunión mantida onte polo devandito Foro, no que se integran distintas asociacións destes sectores.

Güell fai fincapé na máxima sensibilidade cara aos veciños da zona e ofrece todo o apoio e recursos do Foro para “buscar solucións a un problema que é infraestructural do noso porto debido á dispersión das súas instalacións, algo gravoso para a nosa economía territorial”. Neste sentido, solicita tamén ao alcalde que reciba a unha representación do Foro “para abordar esta cuestión e analizar como podemos cooperar”.

Reunión do Foro

Os integrantes do Foro temen que a prohibición de tráfico de camións pola citada rúa repercuta, directa ou indirectamente, non só “en custos económicos para a inmensa maioría das empresas de Vigo, senón que- non é descartable- podería implicar perdas de tráfico para o noso porto”, en palabras de Francisco Izquierdo.

Incidindo tamén nas molestias que sofre a veciñanza e nas limitacións que este tráfico impón a futuras melloras no barrio, o Foro aposta por harmonizar solucións que poidan satisfacer a ambas as partes. “Resulta evidente que as consecuencias da restrición total serían sufridas por un sector que, desde hai case unha década, vén solicitando ás distintas administracións soluciones á dispersión das instalacións portuarias, que xa penaliza o normal funcionamento das empresas do transporte e supón un gravame que afecta á súa competitividade”.

O adiamento tería como obxecto “tentar apurar unha solución que ben podería ser a que está en mans das administracións: a conversión en viaria urbano do último tramo da AP-9 e a adaptación do nó da avenida de Buenos Aires”, sinala.