Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de setembro

Publicado por o día 17/08/2020 na sección de Galicia,A Coruña

O vindeiro mércores día 19 de agosto de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de setembro de 2020.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas no setembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o mércores día 19 de agosto de xeito presencial de 9:00h a 14:00h na Casa dos Alonsos ou de xeito telefónico no 986 61 0000.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.