A clase maxistral de Kanan&Rossi Quartet o venres ao mediodía no Concello de Nigrán abre o NigranJazz

Aberto a todo tipo de instrumentistas, os interesados deben presentarse o mesmo día ás 11:30 no Auditorio Municipal e abonar 10 euros.
Publicado por o día 24/07/2017 na sección de Cultura,Galicia,Nigrán

A clase maxistral de Kanan&Rossi Quartet o venres ao mediodía no Concello de Nigrán abre o NigranJazz

O Festival Nigranjazz arranca este venres 28 de xullo ás 12:00 horas no Auditorio Municipal coa tradicional clase maxistral a cargo do conxunto Kanan&Rossy Quartet, grupo estrela da noite que ás 22:30 horas actuará no esteiro de A Foz do Miñor (A Ramallosa). Esta master-class, patrocinada pola Fundación Mayeusis, terá lugar ás 12:00 no Salón de Actos do Concello de Nigrán, debendo presentarse os interesados media hora antes e abonar 10 euros (está dirixida a todo tipo de instrumentistas e amantes do xénero). O Nigranjazz é o único festival de Galicia que inclúe sempre unha master-class impartida polo conxunto estrela, dando polo tanto cabida á formación e permitindo con elo aos músicos locais nutrirse da xenialidade dos artistas internacionais que participan no festival.

O pianista Michael Kanan é o grande dos grandes en acompañar cantantes, ademais dun dos grandes músicos de NY, gravou con Kurt Rosenwinkel, Mark Turner, Jane Monheit… Contan que as súas clase son unha experiencia única.

Jorge Rossy é músico español máis internacional e polifacético.

Recoñecido e prestixioso baterista pero tamén pianista, trompetista e vibrafonista, é parte xa da historia do Jazz. O xenial músico catalán vén nesta ocasión como vibrafonista e coa súa particular filosofía á hora de afrontar a música e a pedagoxía.

Putter Smith é un contrabaixista de jazz que traballou con grandes artistas como Thelonious Monk, Duke Ellington, Art Blakey, Warne Marsh, Alan  Broadbent, Bob Brookmeyer, Billy Eckstine, Diane Schuur, Le Konitz, Carmen McRae, Gary Foster, Art Farmer, Mitchell Azul, Art Pepper, Shelly Manne, Ray Charles e moitos máis.

Jimmy Wormworth III foi descrito por Leonard Feather na edición de 1960 de The Encyclopedia of Jazz como "Un dos máis prometedores novos bateristas na escena de Nova York”. Traballou con Jon Hendricks, Annie Ross, Lou Donaldson, Phineas Newborn Jr…