Clausura das Escolas deportivas de baloncesto e das ligas LINCO Concello de Vigo organizadas polo C.B. Seis do Nadal – Coia

Por o 29/05/2016 | Sección: Baloncesto,Deportes
Clausura das Escolas deportivas de baloncesto e das ligas LINCO Concello de Vigo organizadas polo C.B. Seis do Nadal – Coia
Compartir en:

O pasado venres 27 de maio do 2016 tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2015/2016 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Concello de Vigo 2016, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadaldentro do programa municipal de Escolas Deportivas.

A xornada comezou no Pavillón Municipal de Navia con partidos amigables entre todos os combinados das Escolas Deportivas. Tódolos xogadores e xogadoras do CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat, Colexio Labor e as EDM Balaídos, EDM Berbés e EDM Navia puideron despedir a tempada 2015/2016 xogando contra os demais escolares que xa son “compañeiros e amigos”.

Os máis de 200 xogadores e xogadoras que se reuniron no polideportivo de Navia puideron demostrar ao público todo o aprendido ao longo do curso que comezou no mes de outubro do pasado ano. Desde entón tódolos escolares aproveitaron os adestramentos semanais e as xornadas das Ligas Internas de Colexios 2016, cun total de 240 partidos na Liga Linco e 48 encontros na Liga Linco XL, para aprender e mellorar das mans dos seus adestradores e adestradoras.

Para clausurar a xornada levouse a cabo a entrega de regalos a tódolos rapaces e rapazas, así como ao grupo de árbitros das Ligas Internas de Colexios, grupo formado por xogadores e xogadoras federados de categoría cadete e júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. No acto de clausura estiveron presentes, acompañando ao Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Abel Caballero, Alcalede do Concello de Vigo;Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal;Ramón Román e Miguel Ángel Pena, directivos da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club.