Clausura das xornadas “A nova faciana dá globalización”

Foron organizadas polas organizacións “No ollo do furacán” e a “Asociación Fernando Hoyos”, na sede de O Almacén, na rúa en Ramón Nieto
Publicado por o día 30/12/2016 na sección de Os Ninguéns,Social,Vigo

Clausura das xornadas “A nova faciana dá globalización”

Na tarde de onte, día 29 de decembro, ás 19:00 h pechábase o terceiro día de exposicións, e interviñeron varios relatores para falar de desigualdade e políticas de inclusión de Galicia desde o activismo social.

A mesa moderouna Óscar Lomba, e compúxose dos seguintes convidados (sendo convocados dous máis pero sendo imposibilitada a súa presenza por cuestións de saúde):

Xurxo Rodríguez contrapuxo os conceptos comunitarismo e individualismo para explicar as diferenzas de percepción colectiva da pobreza entre anteriores épocas e as actuais; falou do teito do paradigma neoliberal e do chan tecnolóxico, que en ocasións vólvese na nosa contra de maneira desmovilizadora evitando o contacto social. Partindo desta base realizou unha profunda análise das teses de Kropotkin acerca da tecnificación.

Benito Santos falou dos datos da desvalorización salarial, a desigualdade, a corrupción, a loita pola riqueza que agrava a violencia, e concluíu que a erradicación da pobreza é unha decisión política. Igualmente sinalou que a necesidade fixera que moita xente sentise máis libre á hora de pedir axuda a certas institucións, ás que noutras ocasións non acudira por vergoña. Chamou á unidade social e ao optimismo creando lazos de cooperación colectiva.

Antón Bouzas defendeu a acuñación do termo aporofobia pola RAE e expuxo os datos de pobreza na cidade, explicando as distintas axudas de inclusión e reivindicando a loita contra a pobreza como axenda política principal, ademais de sinalar a importancia de que as políticas inclusivas leven a cabo desde as institucións, coa mesma importancia que a educación ou a sanidade. Tamén explicou a evolución da conciencia sociopolítica viguesa en canto a coñecemento sobre a situación dos empobrecidos, e expuxo o traballo do grupo que preside, o foro socioeducativo Os Ninguéns.

Así mesmo reivindicou unha revisión do termo marxista lumpen para salientar na necesidade de organizar a este sector excluído e empoderarlo, sen caer nunca na criminalización do grupo e dándolles as ferramentas adecuadas para exercer os seus dereitos e vida política.