O club CIOS VIGO PELUCAS FS mete a catro equipos na liga provincial

O club CIOS VIGO PELUCAS FS segue facendo esta tempada 2016-17 historia na cidade olívica como único equipo da provincia que mete a 4 equipos na liga provincial.
Publicado por o día 21/12/2016 na sección de Deportes,Fútbol Sala,Vigo

O club CIOS VIGO PELUCAS FS mete a catro equipos na liga provincial

Primeiro obxectivo cumprido, catro (benxamín, alevín, infantil e cadete) de cinco categorías posibles do noso club disputaran outra tempada mais o campionato provincial de fútbol sala nas categorías bases, un luxo para o noso modesto club.

O equipo benxamín “A”  rematou a liga local invicto no grupo 2 e xunto cos resto dos campións dos grupos de Vigo (Pecheches, Vigosporting F. S., Chouzo, Tui Futsal “B”  e Salesianoss “A”) e os dous campións de Pontevedra (Ancoradouro, E.D. Poio Pescamar F.S.) xogaran unha liga de 8 no que o campión xogará o campionato galego.

O equipo alevín “A”  rematou a liga local invicto no grupo 4 e xunto cos resto dos campións dos grupos de Vigo (Don Bosco, Los Sauces, Colegio Labor, Cñia María, ED DR Fleming “A”) e os dous campións de Pontevedra (Aceites Abril, E.D. Poio Pescamar F.S.) xogaran unha liga de 8 no que o campión xogará o campionato galego. Queremos destacar co pasado 06/12/2016 o noso equipo alevín foi invitado o X Torneo de Nadal Vila de Celanova xogando a final contra a EDC Celanova “A” gañando por 2-1 proclamándose así gañadores do torneo. Parabéns rapaces.

O equipo infantil “B” rematou a liga local primeiro do grupo 4 e xunto cos resto dos campións dos grupos e os dous mellores segundos de Vigo (Vigosporting F. S., Bembrive F. Sala, Red Blue Vigo 2015 B, Martín Codax e Amor de Dios) e os dous campións de Pontevedra (E.F.S. Salnés, E.D. Poio Pescamar F.S. “B”) xogaran unha liga de 8 no que o campión xogará o campionato galego.

O equipo cadete “B” rematou a liga local invicto no grupo 3 e xunto cos resto dos campións dos grupos e os dous mellores segundos de Vigo (Martín Codax, Apóstol “B”, Warriors, Tui Futsal, CD Beade) e os dous campións de Pontevedra (C.D.A.R. Xeve, E.D. Poio Pescamar F.S.) xogaran unha liga de 8 no que o campión xogará o campionato galego. O noso equipo cadete “C” Cios Vigo Pelucas “C” a pesar de quedar clasificado no grupo 2 non poderá disputar o provincial xa que o noso Cios Vigo Pelucas “B” tamén se clasificou.

Por outro lado os equipos prebenxamín “C” (Minis) segue segundo na clasificación do grupo A detrás do Casa Paco “D”,  o prebenxamín “B” tamén está segundo na clasificación do grupo 4 por detrás do C. D. Miralba “C” e o prebenxamín “A” sigue segundo do grupo 1 detrás do C. D. Miralba “A”.

Non nos esquecemos dos nosos equipos benxamín “B”, alevín “B”, infantil “C” e cadete “D” xa que a pesar de quedar abaixo nas súas respectivas ligas serán un grandísimo reforzo para os nosos equipos que van a disputar a liga provincial.

Os nosos equipos de liga galega, o equipo infantil “A”  segue na metade da táboa clasificatoria despois da derrota en Narón, mentres que o noso cadete “A” colocase na parte alta da táboa o gañar este fin de semana en un disputado partido o Cidade de Narón por 1-2.

O xuvenil non se clasificou para xogar a liga provincial 1ª e xoga a liga provincial 2ª, o sénior feminino clasificouse para xogar a liga provincial 1ª e está xogando cas mellores da provincia a pesar de ser a gran maioría delas cadetes e xuvenís e para rematar o sénior masculino sigue na parte baixa da táboa da liga provincial.

Agora toca descansar ata o vindeiro 08/01/2017 onde volta de novo a liga galega enfrontándonos o Santiago Futsal e o semana seguinte o 14/01/2017 darán comezo a liga local e a liga provincial onde trataremos de facer o mellor papel posible para así poder gozar do campionato galego. Desexámosvos a todos unhas Felices Festas e Prospero Ano Novo 2017 aínda que nesta datas seguiremos xogando xa que estamos invitados a xogar en Coruña polo CLUB DO MAR SAN AMARO o seu torneo do Nadal o vindeiro 30 de decembro de 2016 nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín e tamén a Lugo a Fase final os días do 2,3 e 4 de Xaneiro de 2017 do XV TORNEO FUTSAL DE BASE CIDADE DE LUGO nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Grandísima comezo de tempada 2016-2017 deste modesto club CIOS VIGO PELUCAS FS.