O Concelleiro David Alonso entrevistouse co secretario xeral para o deporte e co presidente da federación galega de fútbol

Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Galicia,O Porriño

O Concelleiro David Alonso entrevistouse co secretario xeral para o deporte e co presidente da federación galega de fútbol

José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte comprometuse con David Alonso, concelleiro de Deportes, a visitar en breve Porriño para analizar sobre o terreno posibilidades de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño.

David Alonso, acompañado de Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes do Concello, foron recibidos en Santiago por Lete.

O concelleiro trasladoulle varias propostas de colaboración en equipamentos deportivos facendo especial fincapé no Velódromo e nas Pistas de Atletismo. Neste último caso David Alonso prantexou que a Xunta de Galicia se implique fomentando convenios de utilización das instalacións cando estean rematadas.

Por outra banda, o concelleiro de Deportes, xa de volta en Porriño reuniuse con Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Futbol. Louzán, acompañado de técnicos da FGF, visitou os campos de futbol de San Campio para tratar coa presidenta do C.D. Pontellas, Marta Costas e con David Alonso dos preparativos para acoller unha eliminatoria da Copa do Rei. O C.D. Pontellas deberá xogar esa previa contra outro equipo campeón de Rexional Preferente doutra comunidade autónoma que tamén ascendera a Terceira División.

Comentar noticia

Your email address will not be published.