O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle dende este mércores o primeiro curso do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 dedicado a horticultura ecolóxica que organiza o GDR Pontevedra Morrazo e que se desenvolverá ao longo do mes de maio e xuño.
Tralo éxito do ano anterior, a nova proposta formativa do GDR que conta con máis de 30 inscritos abordará ao longo das de 54 horas lectivas do programa os fundamentos da horticultura e gandería ecolóxica, a xestión sustentable do monte e producións alternativas así como un curso transversal dedicado á comercialización, responsabilidade social e innovación dentro do sector ecolóxico.
Os cursos contemplados do programa formativo, que son totalmente gratuítos para os seus participantes, inclúen visitas temáticas de traballo, e serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.
Lembremos que esta acción formativa xurde no marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 do GDR Pontevedra Morrazo para desenvolver no territorio reforzando e mellorando as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal.
O programa ten polo tanto, unha dobre finalidade:
• Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
• Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.
Para isto, o programa formativo centrarase en:
• Reforzar o papel das actividades agrarias, gandeiras e forestais, como eixe para a dinamización social e económica do territorio, isto é, a activación do capital social: implicar a iniciativas que xa están en marcha, procurar novos aproveitamentos, ou aproveitamentos alternativos aos actuais, etc.
• Introducir criterios técnicos e aprendizaxes no conxunto de actividades que leven implícita esa xestión agroforestal sustentable.
Nesta edición de 2019, a proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver baixo a metodoloxía de “formación-acción” serán os seguintes:
1. Horticultura ecolóxica (17h.) Abordaranse contidos de:
· Introdución a xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico
· Requisitos xerais sobre a normativa de agricultura ecolóxica
· Manexo do solo en cultivos ecolóxicos
· Deseño do horto ecolóxico.
· Rego e operación culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo
· Operacións de cultivo
· Fertilización
· Bases para a elaboración de compost
· Sementeiros: preparación de plantas para o horto.
· Invernadoiros
· Asociacións e rotacións de cultivos.
· Pragas e enfermidades. Tratamento e control.
2. Sistemas gandeiros ecolóxicos (9h.) Abordaranse contidos de:
Apicultura ecolóxica:
· A produción apícola dende o punto de vista ecolóxico.
· A abella e o apicultor. Colmeas.
· Instalación do apiario. Transhumancia.
· Os produtos. Extracción.
· Manipulación de colmeas. Alimentación e multiplicación.
· Pragas e enfermidades. A Velutina.
Ovino e caprino ecolóxico:
· Instalacións, maquinaria e equipos na explotación.
· Alimentación.
· Manexo de praderías e cultivos forraxeiros
· Manexo reprodutivo e bases da sanidade.
Porcino ecolóxico:
· Instalacións, maquinaria e equipos.
· Alimentación en ecolóxico.
· Manexo reprodutivo e bases da sanidade en porcino ecolóxico.
· Cría e cebo en porcino en ecolóxico.
· Manexo de praderías e cultivos forraxeiros en porcino ecolóxico
3. Xestión sustentable do monte e producións alternativas (12h.) Abordaranse contidos de:
· Os sistemas agroforestais
· Os sistemas agrícolas, forestais e agroforestais e a PAC
· A xestión forestal: viveiros, silvicultura de coníferas e silvicultura de frondosas (castaño, carballo, nogueira,…)
· Usos alternativos dos sistemas agroforestais
· Prevención de sistemas agroforestais
O castiñeiro
· Edafoloxía, ecoloxía e fisioloxía do castaño
· A multiplicación do castaño. A poda
· Fitopatoloxía do castaño. Prácticas culturais
Micoloxía como alternativa produtiva forestal
· Xeneralidades. Ordenación taxonómica
· Reprodución
· Métodos de clasificación
· Detalle de familias, xéneros e especies
· Fungos comestibles e as súas parellas tóxicas
4. Sector ecolóxico-Comercialización, Responsabilidade Social Corporativa e Innovación (6h.) Abordaranse contidos de:
· Responsabilidade Social Corporativa e Innovación.
· A importancia de vender: produto / marca / proxecto.
· Fases da venda (mercado local, feiras, grupos de consumo,..).
· Plan de marketing.
· Comunicar en 360º.
· Creación e rexistro de marcas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.