Comeza a Tempada de Música Clásica de Afundación coa ópera nun acto Suor Angelica

O primeiro concerto será o luns, 30 de setembro, ás 20.00 h no Teatro Afundación de Vigo
Publicado por o día 29/09/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Comeza a Tempada de Música Clásica de Afundación coa ópera nun acto Suor Angelica

Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo, dá inicio a unha nova Tempada de Música Clásica. A ópera nun acto Suor Angelica será a encargada de inaugurar esta tempada cun recital organizado en colaboración co X Ciclo de Música de Barcia de Mera. Será o luns, 30 de setembro, ás 20.00 h, no Teatro Afundación de Vigo, e contará coa soprano Beatriz Díaz, a mezzosoprano Belén Elvira e as solistas femininas Vox Stelae.

As entradas están á venda na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que conleva unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

A ÓPERA NUN ACTO SUOR ANGELICA

No patio solitario dun convento, as monxas comentan as súas preocupacións. Entre elas atópase Sor Angélica, que non está alí por vocación, senón como castigo imposto pola súa importante familia por ter un fillo fóra do matrimonio. Leva sete anos no convento, e ese día recibe a visita da súa intransixente tía para esixirlle que renuncie á súa herdanza. A ela o único que lle importa é ter noticias do seu fillo, e a súa tía comunícalle que o neno está morto, o que a leva a unha profunda desesperación que a precipita a tomar unha decisión cara a un tráxico final.

Comentar noticia

Your email address will not be published.