Coalición Son pide que a Xunta consigne orzamento para a Lei de Benestar Animal

Tamén solicitan o apoio técnico preciso para implementar as disposicións da citada lei, e así garantir a súa correcta aplicación.
Publicado por o día 23/02/2018 na sección de Política

Coalición Son pide que a Xunta consigne orzamento para a Lei de Benestar Animal

Aínda que dende a Coalición Son recoñecen algúns avances desta Lei, tamén é certo que “a derivación de competencias nesta materia dende a Xunta aos gobernos locais, coloca ás entidades nunha situación complexa” comentou Xosé Lois Jácome, pois “teñen que aplicar disposicións moi novidosas como o ‘sacrificio cero’ ou a prohibición de encadeamento continuado, sen dispoñer dun investimento por parta da Xunta”.

Jácome tamén criticou esta lei por ser “unha desas leis que o PP aproba en solitario e sen consenso, con críticas de todos os ámbitos e con case 200 emendas ao articulado e unha á totalidade”. Para a Coalición Son, nesta materia falta moito por avanzar, porque dita lei deixa atrás ás touradas ou os équidos; así como outros eventos de tortura e asasinato animal como o que campionato de caza de raposo que vimos de presenciar na provincia de Pontevedra a principios de mes.

Libera! e a Fundación Franz Weber, aseguran que as contas do goberno autonómico só contemplan 100.000€ para actuacións relacionadas co benestar animal nos concellos. “Falamos duns míseros 319€ de media por municipio, que non chegarían nin para rescatar a un can que fora maltratado, nin tampouco para esterilizar seis gatos dunha colonia felina controlada” aseguraba o voceiro de Libera! en Galiza.

Por iso, dende a Coalición Son esixiron hoxe no pleno da Deputación que a Xunta deixe de esquivar as súas competencias e cumpra a obriga de apoiar ás administracións que están a asumir as competencias en materia de abandono e maltrato contra os animais.

Finalmente, a moción saíu adiante por unanimidade.