Coche ardendo en Redondela

Un coche ardeu por completo esta madrugada no concello pontevedrés de Redondela e un muro dunha propiedade onde o vehículo estaba estacionado, na rúa Carballiño, en Cesantes, tamén se viu afectado.

Todo sucedeu, ao fío das 02:00 horas. Foi un particular quen, a esa hora, informou ao 112 Galicia dun coche ardendo na rúa citada.

Ata o lugar desprazáronse ademais dos Bombeiros de Porriño, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Redondela. Así mesmo, os xestores do 112 tamén deron conta dos feitos aos Bombeiros de Vigo.

Tras extinguir as lapas, os Bombeiros do Porriño confirmaron que ardera o vehículo na súa totalidade.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario