Coche envorcado en Ponteareas

Publicado por o día 26/10/2018 na sección de Sucesos

Coche envorcado en Ponteareas

En Ponteareas, interviñeron os bombeiros da vila para rescatar ao condutor dun turimo que envorcou na estrada en dirección ao campo de fútbol do Eido.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente rexistrouse pasadas as once da noite pasada na paroquia de Xinzo. Alí acudiron, ademais dos bombeiros, os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias para a atención e traslado do ferido unha vez liberado.