Coche incendiado en Moaña

Os Bombeiros do Morrazo apagaron esta madrugada as lapas dun coche que se incendiou, tras chocar contra a esquina dunha vivenda e o portal do garaxe da mesma. Segundo o seu relato, tratouse dun incendio considerable, que ademais de resultar o turismo totalmente calcinado, o lume, danou o portal do inmoble.

Sobre as 04:00 horas desta noite, unha persoa particular informaba do acontecido ao 112 Galicia. Indicaba que vía un coche en chamas pero non sabía si había xente afectada.

Así, decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (112 Galicia) púxose en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bomberos do Morrazo. Tamén, se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía local e informouse aos Bombeiros de Vigo. Así mesmo, requiriuse a intervención do persoal de mantemento para a limpeza da vía onde ocorreron os feitos, a PO-551, punto quilométrico 32.600.

No CIAE non consta a existencia de persoas afectadas.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM