A transición aos coches ecolóxicos

Cada vez hai máis coches ECO circulando polas rúas. As vendas deste tipo de coches menos contaminantes, vai en aumento e prevese que, durante a década de 2020, esta tendencia será unha realidade. Pero canto nos vai a custar esta transición cara aos coches ecolóxicos? Será positivo ou negativo? Para sabelo OCU participou nun estudo xunto ao BEUC para saber o custo total de uso dun automóbil segundo o tipo de motor.

Cada vez hai máis coches ECO circulando polas rúas. As vendas deste tipo de coches menos contaminantes, vai en aumento e prevese que, durante a década de 2020, esta tendencia será unha realidade. Pero canto nos vai a custar esta transición cara aos coches ecolóxicos? Será positivo ou negativo? Para sabelo OCU participou nun estudo xunto ao BEUC para saber o custo total de uso dun automóbil segundo o tipo de motor.

Coches ECO en España

O BEUC, a Organización de Consumidores Europeos puxo en marcha xunto con OCU hai uns meses, a produción de informes en distintos países europeos para pescudar o custo total da vida dun automóbil dependendo do tipo de motor, en España contou coa colaboración de OCU. O obxectivo era saber se a transición cara aos coches ecolóxicos tería un impacto positivo ou negativo para os consumidores.

Os informes revelan que, en xeral, os coches enchufables (eléctricos e híbridos enchufables) chegan a ser rendibles se se percorre un número suficiente de quilómetros, por iso as organizacións de consumidores apostaron forte pola defensa da redución do CO2 no transporte privado.

En España crece a venda de coches ECO

As conclusións xerais do estudo en España son similares ás do resto de países europeos.

As tecnoloxías máis ecolóxicas serán cada vez máis baratas e o custo global destes coches será cada vez máis competitivo. Este feito é máis importante nos coches de segunda man, onde as diferenzas nos prezos de compra son menores.

As principais diferenzas do modelo español favorecen aos coches eléctricos: por unha banda o tempo de uso dun coche ata que se vende é maior que en Europa e, por outra banda dispoñemos de tarifas moi competitivas de discriminación horaria, como a supervalle, cuns descontos no prezo da electricidade moi importantes.

Os impostos españois son relativamente altos para os vehículos que máis CO2 emiten (matriculación e prezo de combustible). Este feito é especialmente importante nos segmentos que máis consomen: todoterreos e vehículos de alta potencia.

No caso de coches comprados para un uso intensivo, tamén observamos vantaxes para as novas tecnoloxías, posto que o custo da fonte de enerxía é moito máis barato que o gasóleo e a gasolina.

Estes coches son de menor custo total en varios dos escenarios analizados.

No noso país á parte dos motores tradicionais e os novos motores eléctricos, introducíronse na comparativa os coches de gas natural comprimido ( GNC) e gas licuado do petróleo ( GLP). Estes coches funcionan cun motor de gasolina, pero tamén poden funcionar con gas ao dispoñer de dous depósitos. Cando funcionan con gas, o custo do combustible é moito menor. Por isto e porque xa levan a etiqueta ecolóxica “ECO” necesaria para circular en determinadas áreas, as súas vendas están a crecer moito nos últimos meses. A curto prazo son unha solución, aínda que a medio prazo, as posibles obrigacións de redución das emisións CO2 poden prexudicarlle en favor dos coches eléctricos.

Na nosa comparativa tamén engadimos os coches de pila de combustible, alimentados por hidróxeno. O custo é o máis elevado de todos, ademais das dificultades que habería en España para encher hidróxeno, ao non existir máis que 6 estacións en todo o territorio que dispoñan deste elemento. É posible que, a medio prazo, as condicións sexan mellores para este tipo de motores e, tanto o prezo do hidróxeno como o dos coches baixen.

Canto me vai a custar

Vexamos un exemplo práctico. Cal serían os gastos medios totais dun vehículo cos seguintes parámetros?

Vehículo do segmento C como o Seat León ou como o VW Golf.

Despois de 11 anos de uso.

Con 12.900 km/ano.

Segundo o tipo de tecnoloxía (para os coches eléctricos supúxose que se cargan coa tarifa supervalle).

Na seguinte táboa vemos cales serían os gastos medios dun vehículo. Cos que máis se gastaría é con aqueles vehículos con pila de combustible (se existisen á venda nesta categoría, que non é o caso en España, pero estimouse o seu posible custo).

Se me compro un coche en 2018 canto me custará?

Na seguinte táboa, indícase canto máis ou menos en porcentaxe custa cada tipo de automóbil comparado cun de gasóleo se se adquire en 2018, e as previsións se se adquieriera en 2020, 2025 e 2030. Como se ve nos gráficos, as previsións son que en 2030, o custo total dun coche de pila de combustible sexa similar ao do gasóleo, e que os coches máis ecolóxicos sexan máis rendibles que na actualidade.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM