“Coia, relato dun desmantelamento: da parroquia ao polígono

Publicado por o día 26/11/2014 na sección de Vigo

“Coia, relato dun desmantelamento: da parroquia ao polígono

Venres 28 de novembro  |  hora: 19h0|  lugar: A.VV. O Torreiro de Coia (r/Salvaterra 13 baixo, Coia – VIGO)

Coas vivencias de: Ángel Vila, Manolo Pipas, Marisa Andrade e Pura e veciñxs da Coia anterior ao polígono.

Séculos de existencia dun modo de vida rural quedaron de súpeto truncados por decisións políticas tomadas a moitos quilómetros de Coia:a construción dun polígono de vivendas no marco das políticas de desenvolvemento do tardo-franquismo.

Para a veciñanza da Coia “antiga” os cambios foron moitos e moi rápidos: construción de torres onde antes existían leiras, crecemento explosivo da poboación coa chegada de familias que viñan a traballar na industria viguesa, urbanización do espazo sen contar cos intereses dos habitantes…

Con este faladoiro queremos achegarnos ás vivencias de persoas que xa estaban en Coia antes do polígono: como viviron a súa construción, que trocos supuxo para eles converter a parroquia tradicional nun barrio residencial, que botaron en falta en toda a transformación…

Exposición: “BARRIOS, ESPAZOS DE VIDA. A EXPERIENCIA DE COIA

datas: novembro e decembro  |  lugar: A.VV. O Torreiro de Coia (r/Salvaterra 13 baixo, Coia – VIGO)

Conxunto de paneis e fotografías a través dos cales repásase a historia do barrio de Coia.

Organizan:

A.VV. O Torreiro de Coia, Espazo Alicerces e roteiroporcoia.es