Faladoiro: “COIA, RELATO DUN DESMANTELAMENTO: DA PARROQUIA AO POLÍGONO”

Publicado por o día 17/06/2014 na sección de Cultura

Faladoiro: “COIA, RELATO DUN DESMANTELAMENTO: DA PARROQUIA AO POLÍGONO”

Faladoiro: “COIA, RELATO DUN DESMANTELAMENTO: DA PARROQUIA AO POLÍGONO”

Sábado 21 de xuño – 12h30 – Parque A Bouza (zona da carballeira preto da r/Cronista Rodríguez Elías, Coia – Vigo)

Coas vivencias de: Ángel Vila, Manolo Pipas e Marisa Andrade, veciñxs da Coia anterior ao polígono.

Séculos de existencia dun modo de vida rural quedaron de súpeto truncados por decisións políticas tomadas a moitos quilómetros de Coia:a construción dun polígono de vivendas no marco das políticas de desenvolvemento do tardo-franquismo.

Para a veciñanza da Coia “antiga” os cambios foron moitos e moi rápidos: construción de torres onde antes existían leiras, crecemento explosivo da poboación coa chegada de familias que viñan a traballar na industria viguesa, urbanización do espazo sen contar cos intereses dos habitantes…

Con este faladoiro queremos achegarnos ás vivencias de persoas que xa estaban en Coia antes do polígono: como viviron a súa construción, que trocos supuxo para eles converter a parroquia tradicional nun barrio residencial, que botaron en falta en toda a transformación…

Exposición: “BARRIOS, ESPAZOS DE VIDA. A EXPERIENCIA DE COIA”

Do 6 ao 30 de xuño, nos locais da parroquia “Cristo da Victoria” (r/Baiona 9, Coia – Vigo)

Conxunto de paneis e fotografías a través dos cales repásase a historia do barrio de Coia.