“A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX”

Publicado por o día 03/02/2014 na sección de Cultura

“A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX”

  Co mes de febreiro comezaron as actividades que levan por título: BARRIOS, ESPAZOS DE VIDA. A EXPERIENCIA DE COIA.

   Na biblioteca Xosé Neira Vilas xa podedes ver a exposición sobre Coia durante todo o mes. Ademais mañá martes, comeza o ciclo de charla coa que leva por título:

– “A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX” a cargo de Eduardo Rodríguez. Martes 4 de febreiro ás 19h30.

  Coia non foi sempre un barrio ateigado de rúas e edificios: ata hai poucas décadas era unha das tantas parroquias rurais que existían no Val do Fragoso. Se retrocedemos aínda máis na Historia, descubrimos as pegadas das xentes que habitaron a Coia tradicional. Nalgúns casos os ecos desas vellas sociedades subsistiron en forma de restos arqueolóxicos.

Biblioteca Neira Vilas
Avda. Martínez Garrido, 21 – 36205, Vigo