A Xunta de Goberno local deu luz verde a unha addenda ao acordo de colaboración Concello de Vigo-Deputación de Pontevedra para a reforma do estadio municipal de Balaídos. O convenio, que se asinará en próximos días, recolle unha achega do organismo provincial de 900.000 euros para acometer os proxectos de Gol e Marcador, ademais dun aparcamento de 1.000 prazas.
Ademais, a administración presidida por Carmela Silva incluirá outros 350.000 euros para licitar os asentos de Río Baixo.
Con este orzamento,- 1.250.000 euros- insistiu o rexedor, procederase á licitar os proxectos de remodelación total do estadio, seguindo co proceso “xa irreversible de reforma integral para converter Balaídos nun dos mellores estadios de Europa”.
Neste punto, avanzou o rexedor, tamén se abre o proceso da concesión que precisa dun proxecto técnico, o que xa está en marcha, e doutro económico, que se realizará a continuación.
Noticias de última hora en Vigo